jueves, 2 de junio de 2011

X CAMPIONATO DE PESCA DEPORTIVA SALMÓNIDOS MOSCA "CIDADE DE NARÓN”


A “Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia” organiza para el próximo 2 de Xullo o X Campeonato de Pesca Deportiva “Salmónidos Mosca – Cidade de Narón”, que se celebrará nos cotos de Xuvia e San Sadurniño, ambos no río Grande de Xuvia.
O torneo, extenderase ó longo de todo o día e será en la modalidade de pesca sen morte, isto é, capturado o peixe, este é medido, desanzólase e inmediatamente é devolto ó agua.
A concentración para o inicio do campeonato será na Cervecería Mesón “Márvil” a las 7:30 horas, onde se procederá ó sorteo de tramos.
Destacar a participación de varios campións de pesca deportiva a tódolos los niveles (autonómicos, provinciais e inclusive nacionais). Contará tamén coa presencia de varios miembros da actual selección galega de pesca con numerosas participaciones a nivel estatal. É , polo tanto, o campionato social de maior nivel de participación de Galicia, tanto a nivel cualitativo como cuantitativo.
Desta proba sairán os cinco primeiros pescadores que se clasifiquen para participar no campionato provincial do próximo ano.
Estes cinco primeros clasificados tenrán opción a participar no OPEN MIGUEL PESCA, que se celebrará el 3 de Septiembre neste mismo escenario, coa dirección técnica a cargo da nosa sociedade. En esta prueba se batirán os 5 primeros clasificados de los siguientes torneos: Cidade de Narón, Waldemar, Santiaguiño do Monte y Cibeira.
A destacar que entre os premios deste Open está unha viaxe de pesca a Alaska, ofertada pola Compañía Alaska Robinfishing, premio que o ano pasado correspondeulle ó pescador de Barallobre Jose Luis Delgado. E recordar que para optar a este hai que clasificarse previamente nos 4 torneos mencionados.

miércoles, 1 de junio de 2011

XORNADA DE PESCA E CEIBA


No marco das actividades programadas ao longo do ano que está a organizar a Asociación de Troiteiros “Río Furelos” de Melide, temos que dar conta de que o próximo sábado, día 4 de xullo, vai ter lugar a XORNADA DE PESCA E CEIBA no coto do río Furelos. Como é lóxico, o número de prazas é limitado, (só poden participar 15 troiteiros) polo que se fai saber a todos os que estiveren interesados, que é preciso inscribirse seguindo o procedemento habitual, é dicir, chamando ao teléfono 696 607 348, ou enviando un e-mail ao correo da asociación:
asociaciontroiteiros@gmail.com .
O prazo para se inscribir remata o venres 3 de xuño.

Como é natural neste tipo de pesca só se pode usar culleriña con un único anzó e sen arpón. Membros da Asociación velarán para garantir que se cumpran as normas establecidas e que a xornada, en sesión de mañá e tarde, transcorra con normalidade.
Animamos a participaren a todos aqueles que queiran disfrutar dunha xornada de lecer e, os que o desexen, dun xantar no que podermos repoñer forzas e cambiar impresións.
O agradecemento da Asociación a todas aquelas entidades e particulares que, tal como se recolle na publicidade que anuncia o evento, colaboran connosco: Concello de Melide, Deputación da Coruña, Consellería de Medio Ambiente, etc.
Melide 29 de maio de 2011


O Presidente da Asociación
Xavier Pazo Blanco