lunes, 25 de mayo de 2009

CRONICA DO XV CONCURSO DE PESCA CIDADE DE NARON















A continuación faremos un pequeno resume do desenrolo do concurso de pesca correspondente á presente edición.
Se ben as circunstancias meteorolóxicas xerais do fin de semana (tempo borrascoso con ventos suaves de compoñente sur e con abondosas precipitacións) facían deste día a ocasión ideal para a pesca no Xuvia, en tanto que as augas ían tomadas e cunha apreciable subida de nivel, finalmente o Xuvia fixo outra das súas, e facendo honra á súa fama de capotero deixou quedar mal ós 27 pescantíns que participaban nesta proba.
As capturas foron polo tanto moi escasas, polo menos en nº presentado de pezas de talla legal (9), ainda que algún pescador asegurou ter capturado un nº importante de pezas de tamaño inferior ó legal (21 cm. neste couto)
A clasificación quedou como sigue:
1ºSANCHEZ MARTINEZ, CARLOS ALBERTO 1579.97 puntos
2ºSANJUAN REGUEIRO, ANDRES 1184.95 puntos
3ºPEÑA BLANCO, JOSE MANUEL 342.61 puntos
PEZA MAIOR : SANCHEZ MARTINEZ, CARLOS ALBERTO
Non foi unha xornada de pesca para presumir, pero acadaronse os obxectivos do concurso, que eran o desenvolvemento dunha xornada de convivencia entre os socios e as suas familias, así como facer unha homaxe a tódolo participantes nos traballos de limpeza do río tra-los efectos do ciclón Klaus.
Por outro lado, ainda que non se cobraron pezas en número importante, hai que destacar que os que vivimos o río todo o ano, sabemos o que garda e en que condicións está o seu ecosistema, e isto danso esperanza para próximas xornadas de pesca xa fora de concurso.
Outras ocasións haberá de que este cauce pequeno , pero gande en categoría amose que é no mundo da pesca en Galiza. Esta próxima ocasión virá da man do próximo concurso programado, que será o Concurso Cidade de Narón de pesca a Mosca, a celebrar o 4 de Xullo próximo, e no que a única modalidade permitida será a mosca e será organizado na modalidade sen morte, con volta rigurosa de tódalas capturas á auga.
Mais tarde , o día 5 de Setembro tamén acollerán as súas augas o Master de Campión Miguelpesca, onde se batirán os campións dos distintos certames de mosca celebrados no país (Waldemar, Santiaguiño do Monte e Cibeira) ademais dos gañadores do Cidade de Narón
Destacar tamén ás boas condicións nas que se atopa o río para o exercicio da pesca, en canto a limpeza de marxes, logo dos traballosrealizados polo equipo da Consellería de Medioambiente logo do ciclón Klaus. Estes traballos tiveron continuidade no mes de Abril cun aplomado de arborado na zona do cauce baixo do río e retirada de varios troncos somerxidos na zona por abaixo da Presa do Rei. Estes traballo estaban autorizados polo Servicio de Medioambiente e por Augas de Galicia.
Queremos sobre todo destacar o papel xogado polo Servizo de Medioambiente en torno á limpeza das zonas arrasadas polo ciclón Klaus, especialmente ó bó facer da gardería perosoalizada no Sr Hermida, que deixou a súa saude e empeño persoal nestes traballos. A nosa noraboa faise extensiva non obstante a todos cantos participaron nos traballos e así o queixemos expresar dándolles un pequeno recoñecemento ó longo do xantar de confraternidade ó que tamen asistiron
Polo demais lamentar que determinados focos e contaminación presentes no tramo de San Sadurniño continúen activos, sin que ningunha autoridade competente tome cartas no asunto.
Por último dar grazas ó Concello de Narón, representado pola súa concelleira de Deportes, Natalia Hermida por todo o apoio prestado na organización deste evento.

miércoles, 20 de mayo de 2009

EXCELENTE RESULTADO NA PARTICIPACIÓN DA VENATORIA DE SANTIAGO NO "VIII OPEN AUTONÓMICO DE PESCA FLUVIAL MEMORIAL ROUCO"


MARIA CURROS ALVAREZ 2ª XUVENIL
DANIEL REY GARCIA 5ºINFANTIL
FERNANDO GARCÍA FERNÁNDEZ 4ºALEVIN








O domingo pasado, 17 de maio día das Letras Galegas, tivo lugar nas instalacións do Club Fluvial de Lugo o "VIII Open Autonómico de pesca fluvial Memorial Manolo Rouco 2009", organizado pola sociedade de pesca A Venatoria de Lugo e adicado ós pescadores mais novos. Divididos en tres categorias participaron 8 pescadores/as pola Sociedade A Venatoria de Santiago 2 Alevíns, 5 Infantis e 1 Xuvenil. A competición celebrouse con unhas condicións pouco favorables no apartado climatolóxico xa que a choiva e o frio fixeron que os peixes fosen os menos participativos do evento, ainda así, a colleita non foi tan escasa como presaxiaba a primeira manga. A saida do sol e a leve subida de temperaturas na segunda manga fixeron que se animaran os peixes un chisquiño mais e así rematada a proba, na clasificación final, aparecía María Curros Alvarez en segunda posición na categoría Xuvenil, Daniel Rey García en quinta posición na categoría infantil e Fernándo García Fernández na cuarta posición en categoría Alevín como mais destacados. O resultado foi considerado pola expedición como excelente tendo en conta que participaron 73 pescadores das catro provincias galegas e de Clubes tan potentes como Londra de Rois, A Venatoria de Lugo, Val de Lemos ou Moamar.

A CLASIFICACIÓN FOI A SEGUINTE:

lunes, 18 de mayo de 2009

EL CLUB LONDRA DE ROIS EN EL VIII AUTONOMICO DE PESCA



El pasado domingo 17 de mayo se celebró en la ciudad de Lugo el VIII Open Autonómico de pesca en las categorias de infanil y juvenil. Se desarrollo la prueba en las instalaciones del Club Fluvial de Lugo, teniendo como escenario el río Miño y organizado por la Sociedad A Venatoria de Lugo. El Club de Pesca Deportiva LONDRA, participó con un equipo de trece pescadores de los cuales cinco integraban el equipo juvenil y ocho el infantil. Con una participación total que rondaba los ochenta participantes que integraban equipos de las cuatro provincias gallegas. Se disputó la prueba en dos mangas de hora y media cada una en la que se capturaron una más que aceptable cantidad de "peixes" dadas las condiciones meteorológicas que acompañaron a los pescadores con algo de lluvia y bajas temperaturas. Rematada la prueba se pesaban y contabilizaban las capturas para obtener la clasificación final, en la cual tres integrantes del Club LONDRA de Rois se colocaban entre los doce primeros clasificados. Sergio Vento Gestoso se hacía con la séptima plaza en la categoría infantil, mientras que en la juvenil Eduardo Seco Velo y Melanie Gestoso Rey se colocaban en la octava y duodécima posición respectivamente. De nuevo la cantera del Club LONDRA logra una más que aceptable participación en un Open Autonómico, dada la alta participación y el nivel de los participantes.

miércoles, 13 de mayo de 2009

TRES MEMBROS DO CLUB LONDRA DE ROIS ACADARON PREMIOS NO CONCURSO DE PESCA DA FESTA DA TROITA DE SIGÜEIRO.


María Manuela Freire Pazos acadaba a primeira praza na categoría de Damas o capturar tres troitas, José Javier Señorís Bargo e Ramón Rodríguez Angueira acadaban a quinta e sexta praza respectivamente na categoría Senior masculina. Destacar o triunfo na categoría de Damas da María Manuela Freire Pazos, pois nas últimas tempadas estase a facer co triunfo en todos os campeonatos que participa, o que quere decir que xa non é casualidade. Unha dama a que lle apasiona o deporte da pesca e que como deportista busca sempre o mellor, e decir gañar e estar por diante alí a donde vai. A parte de ser coñecida xa no mundo da pesca deportiva a nivel autonómico, María Manuela leva por diante sempre o nome do Club LONDRA, detalle que este Club agradece, dandolle a noraboa a ela e os outros dous premiados do clube, que acompañados de quince membros mais participaron nesta edición da Festa da Troita de Sigüeiro onde sin dúbida desfrutaron dunha xornada memorable, pois aparte destes tres trofeos que truxeron para Rois, o chegar a esta localidade enteraronse de que un compañeiro deles e membro do Club LONDRA acababa de obter o título de Campión Galego na modalidade de Salmónidos Lance. Noraboa para todos eles por entender a pesca como un deporte e ser o espello dos máis cativos do Club. A destacar tamén que LONDRA utiliza culleriñas EDU, ¿será por eso?.

lunes, 11 de mayo de 2009

CAMPIONATO GALEGO SALMÓNIDOS LANCE 2009.




O Club de Pesca Deportiva LONDRA de Rois e o W.LATORRE de Padrón colleitan un novo éxito, José Rabuñal Caamiña convirteuse o domingo día 10 de maio no vixente Campión Galego na modalidade de Salmónidos Lance, título que lle dá dereito a participar no Selectivo Autonómico para entrar na Selección Galega de Pesca na vindeira tempada e participar no Campionato de España. Seguiron a Rabuñal no podium, Roberto Martínez Díaz de Monforte de Lemos que se fixo ca segúnda praza e Marcos Giraut Tuñas do Club W.LATORRE de Padrón que ocupou a terceira praza. O campionato disputouse no Couto de Rois ca organización da Federación Galega de Pesca e a colaboración do Club de Pesca Deportiva LONDRA, a cal se encargou do tramado e señalización dos postos de pesca. Participaron 24 pescadores representando as catro provincias galegas clasificados nos seus respectivos campionatos provinciais. Capturaronse un total de 23 troitas, cifra non moi alta para este couto, pero que sigue a tónica xeral de todos os coutos de Galicia dando moi poucas capturas con respecto a tempada pasada. O Rois moi baixo de caudal para esta época do ano e xa de por sí dificil de pescar, puxo a proba a pericia e habilidade dos participantes e de seguro sairon deste campionato os mellores pescadores galegos dadas as circunstancias e o alto nivel dos participantes.















Dende a Directiva do Club LONDRA e en especial de toda a súa masa social, felicitamos a José Rabuñal pola súa entrega, adicación e esforzo por levar o Club LONDRA ó peldaño mais alto a nivel autonómico nesta modalidade deportiva e facerse co título de Campión Galego.

viernes, 8 de mayo de 2009

Campeonato de Santa Rita en O Barco de Valdeorras.

Con motivo de la celebración de las fiestas de Santa Rita en O Barco de Valdeorras se celebrara el día 17 de Mayo el campeonato de pesca que lleva siendo habitual desde hace varios años. Para inscribirse podéis hacerlo desde aquí y para los que son de fuera en la sección Como Llegar, tenéis información para acceder al sitio.
El campeonato tendrá lugar el día 17 de Mayo de 8:30 de la mañana a 13:30 del mediodía. A las 8:30 de la mañana se empezará el sorteo de los puestosy a las 9:00 se empezará a pescar hasta las 11:00 hora en la que se hará una pausa de media hora para tomar un pincho y cambiar los puestos, hasta las 11:30 que será cuando se volvera a pescar otra vez hasta las 13:30. Al acabar se pesarán las piezas y podremos acercarnos hasta el Restaurante Paradelo donde se celebrarála comida y la entrega de premios.
Este año se cobrará una pequeña cantidad por la comida que será de 10€ para los mayores de edad y de 5€ para los niños, los que sean de la zona pueden acercarse a pagar al taller de Pinto y los que vengan de fuera de la comarca pueden pagar el día del campeonato al llegar.

www.pescavaldeorras.com